Unha moza supera os 100 millóns de seareiros en TikTok
luns, 23 de novembro do 2020
As celebridades tradicionais non son as persoas con máis
éxito nas novas plataformas sociais, e como boa mostra diso temos que a influencer Charli D’Amelio, é a
primeira creadora en superar os 100 millóns de seareiros en TikTok, o que
ten especial relevancia se temos en conta que só hai un par de creadores máis
que superaron a barreira dos 50 millóns de seareiros (Addison Rae con 69,8
millóns de seareiros e Zack King con 52,9 millóns), e que figuras como Will
Smith (43,3 millóns), The Rock (29,8 millóns), Selena Gómez (25,7 millóns),
Kylie Jenner (20,5 millóns) e Ariana Grande (20,1 millóns) están incluso detrás
dunha manchea de contas de TikTok de persoas que hai un par de anos eran
anónimas (a conta de Will Smith é a 10ª en número de seareiros a nivel mundial),
constatando que TikTok non ten as mesmas fórmulas do éxito que outras
plataformas (de feito, Charli
D’Amelio só ten 33,8 millóns de seareiros en Instagram).
D’Amelio leva publicando en TikTok dende maio de 2019, polo que o seu
crecemento nesa rede foi meteórico, servindo para indicar que as plataformas
actuais están a medrar a un ritmo moi acelerado, xa que a YouTube levoulle 14
anos conseguir que unha das súas canles superase a barreira dos 100 millóns de
subscritores, aÃnda que cómpre salientar que o fenómeno da creación e o consumo
de vÃdeo dende o móbil é relativamente recente.
Neste momento tanto a irmá como os pais de Charli D’Amelio están presentes en
varias plataformas sociais con bastante éxito, dando a entender que queren
aproveitar o momento e non queren colocar todos os ovos na mesma cesta, pois o
tempo demostrou que confiar nunha única plataforma é demasiado arriscado, xa
que as normas das mesmas poden mudar en calquera momento e estrangular un
negocio, como aconteceu nos últimos anos a moitos creadores de YouTube que
padeceron dende unha crise de ingresos por ter contidos que non eran acordes
cos gustos dos anunciantes ou incluso a case expulsión do mercado publicitario nativo
por enfocar os seus contidos a nenos pequenos (xa que a lexislación
estadounidense limita o tratamento de datos de cativo, impedindo que se oriente
a publicidade especificamente a eles).