Unha lente permite adaptar as cámaras réflex para tomar imaxes estereoscópicas

venres, 9 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Nas últimas semanas demos conta de distintas cámaras dixitais compatibles coa tecnoloxía 3D ou estereoscópica, pero unha compañía chamada Loreo decidiu levar este tipo de experiencia de visualización practicamente calquera usuario de cámaras réflex cunha solución de baixa tecnoloxía consistente nunha lente que pode converter unha cámara ordinaria nunha especie de binoculares, de xeito que nunha instantánea xuntamos dúas imaxes tomadas cunha pequena separación, o que permite que poidamos vela posteriormente en 3D utilizando visores moi sinxelos (que custan menos de 2 euros).
A lente estereoscópica de Loreo comercialízase por uns 150 dólares (118,69 euros) en modelos compatibles con cámaras dixitais de Canon, Sony, Pentax e Nikon e, aínda que o resultado que podemos acadar co seu uso pareza moi rudimentario, non hai que esquecer que as imaxes captadas poden converterse en fotografías estereoscópicas compatibles con sistemas de visualización dixitais, pois baséase nos seus mesmos principios (aínda que a conversión haberá que facela manualmente).

Un dos visores que facilita ver as imaxes en 3D
Imaxe dun papagaio captada utilizando a lente de Loreo

PUBLICIDADE