Unha lei prohibirá aos porteños ter reprodutores de DVD nos seus vehículos

venres, 7 de setembro do 2007 Matías Olazabal

Segundo a nova normativa que entrará en vixencia en breve, nin os condutores da

“quinta provincia galega” nin os seus copilotos poderán alternar as diversas paisaxes da cidade do tango coas imaxes dos seus actores e artistas favoritos sen ceibarse de seren multados por unha lei que prohibirá levar reprodutores deste tipo no taboleiro dianteiro dos automóbiles. Máis aínda, nin sequera poderán ter un sistema de reprodución audiovisual (aínda que estea apagado) na banda dianteira do habitáculo, sexa fixo ou portátil, algo que segundo un artigo publicado polo xornal La Nación no seu sitio web é “unha práctica habitual para as viaxes longas”.

Un dos responsables da nova iniciativa, o deputado Marcelo Meis, declarou que "o uso do DVD na consola dianteira aumenta de xeito significativo e perigoso a distracción dos condutores, co conseguinte risco de perder o control e provocar un accidente". A lei xa tivo o visto bo da lexislatura porteña, e, se ben unha vez posta en vigor só afectaría á capital da república, non se descarta que nun futuro cobre nivel nacional

PUBLICIDADE