Unha impresora 3D opta polo plástico reciclado como filamento
martes, 8 de xullo do 2014
- Will.i.am promove a nova impresora da súa empresa 3DSystems
Apadriñada polo artista Will.i.am chegará nos vindeiros
meses ao mercado a nova impresora 3D EKOCYCLE
Cube, que terá
un prezo de 1.199 dólares (882 euros) e que destaca por permitir o uso de
botellas de plástico PET como compoñente dos seus cartuchos de filamento.
Este produto desenvolvido por 3DSystems en colaboración con Coca-Cola quere
facer que a creación mediante a impresión 3D poida ser respectuosa co medio
ambiente, e aÃnda que esta solución poida servir para imprimir multitude de
obxectos, cómpre destacar que o resultado terÃa unha flexibilidade como o das
botellas de plástico, aÃnda que en vez de transparentes, permitirÃa crear
produtos en 4 cores: natural, vermello, negro ou branco.
Os produtos que poderán imprimirse na EKOCYCLE Cube poderán ter unhas
dimensións máximas de 15 x 15 x 15 centÃmetros, terán unha precisión de 70 microns,
e para o seu filamento empregariamos cartuchos de plástico reciclado (cada
cartucho conterÃa o plástico equivalente a 3 botellas de medio litro de
Coca-Cola).
- A impresora EKOCYCLE Cube poderá empregar plástico PET como filamento
VÃdeo promocional da impresora 3D EKOCYCLE Cube