Unha extensión para Joomla facilita compartir contidos en Chuza! e Cabozo

luns, 13 de xuño do 2011 Marcus Fernández

JoomlaEmpresa.es publicou hai uns días na súa páxina web unha extensión para o xestor de contidos Joomla 1.5 coñecido como Partilhator – Social Bookmarking, que permite inserir diferentes botóns para compartir contidos en diferentes servizos de redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti… sen esquecer o novo botón +1 de Google e as plataformas galegas Chuza! e Cabozo.
O complemento para Joomla permite definir a posición dos botóns , así como 2 tamaños distintos para as iconas e outras opcións de personalización (aliñamento, espazado…).

PUBLICIDADE