Unha enquisa reflicte un gran descontento ante o cambio de deseño de Facebook
luns, 23 de marzo do 2009
- Na enquisa o 94% dos usuarios non gustan do cambio de deseño de Facebook
Parece que o
fracaso das negociacións de compra de Twitter por parte de Facebook levou á plataforma
de redes sociais creada por Mark Zuckerberg a cambiar o seu deseño, actuación
que parece tomada como reacción a un feito puntual e totalmente en contra dos
gustos dos usuarios, que dende o primeiro momento non só critican a estética da
reestruturación da páxina web, senón tamén a confusión que provoca o novo
deseño, que dá excesiva importancia a certos elementos (coma o microblogging) deixando de lado outras
actividades dos usuarios (que se acumulan de xeito confuso á dereita da
pantalla).
Como dende Facebook non escoitaban as voces dos usuarios molestos polo cambio,
activaron unha enquisa para
votar positiva ou negativamente o novo deseño, e a realidade é teimuda,
porque participaron máis dun millón de usuarios (a
aplicación de máis rápido crecemento na historia de Facebook), estando o
94% dos mesmos en contra do cambio de deseño.
Queda en evidencia asà o malestar dos usuarios ante a remodelación, pero o
propio Mark Zuckerberg asegura que non hai que escoitar aos usuarios, porque
eles poden non ter a razón. No seu favor podemos dicir que a enquisa realizada
non é significativa, pois o normal é que se sumen a ela as persoas que están en
contra do cambio de deseño, ou sexa, que servirÃa para
asegurar que hai máis dun millón de usuarios de Facebook descontentos, pero
Facebook ten máis de 175 millóns de usuarios, polo que resulta difÃcil
coñecer o parecer da grande masa que non participou na consulta (aÃnda que
parece razoable pensar que tamén estarán en contra dos cambios, aÃnda que sexa
só atendendo aos moitos comentarios negativos que podemos ler na web).
O feito de que unha empresa de éxito na captación de usuarios (aÃnda non
demostrou a súa viabilidade económica) nade contracorrente ignorando ao seu
principal activo resultará digna de estudo, pois poderiamos estar ante unha
táctica intelixente ou ante un dos maiores erros deste novo boom da Internet no que a web social
cobra importancia ¿ignorando á sociedade?.