Unha empresa de Tui aposta polos stickers para promocionarse

mércores, 17 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Lenda, compañía de Tui especializada en comida de alta calidade para mascotas, encargou a Agencia Internet o desenvolvemento de LendaMoji, unha aplicación que permite agregar ao noso smartphone máis de 40 adhesivos de cadelos e gatos, integrando estes elementos en Facebook e Gboard, contando tamén cun teclado orixinal para Android e cun editor de fotografías con adhesivos, filtros, texto, debuxos...
Esta aplicación foi un traballo de DoggyMojis & Pet friends, compañía que xa conseguiu certo éxito con diferentes aplicacións de adhesivos de mascotas, e que nesta ocasión aseguran ter conseguido tamén o éxito ao conseugir máis dun milleiro de descargas da app en só un par de horas e, tras un mes na tenda de aplicacións de Google, conseguiu que os seus adhesivos se enviasen 65.000 veces. Os adhesivos incluídos na aplicación integran o logotipo da compañía galega Lenda, conseguindo así reforzar a súa imaxe de marca.

PUBLICIDADE