Unha empresa británica lanzará un portátil a menos de 100 libras
luns, 18 de febreiro do 2008
O vindeiro dÃa 28 a empresa británica Elonex presentará
oficialmente durante o Education Show
2008 de Birmingham un ordenador portátil a
menos de 100 libras esterlinas (uns 133 euros) coa intención de producir
unhas 200.000 unidades para o verán, o que serÃa unha excelente opción para
cativos e mozos, por achegarlles unha informática económica.
O Elonex ONE ten unha pantalla de
7 polgadas, pesa menos de 1 Kg.,
1 Gb de memoria Flash, Wi-Fi, altofalantes e unha especie de joystick que farÃa de rato virtual. Tamén
prevén unha versión superior con Bluetooth e 2 Gb de capacidade, que se venderÃa
por unhas 120 libras
esterlinas.
Este novo equipo funcionará co sistema operativo Linux, de xeito que incluirá
procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet, aplicación para a
xestión do correo electrónico, mensaxerÃa instantánea, editor fotográfico,
xogos e reprodutor de MP3.
O ONE non incorpora reprodutor de CD ou DVD, pero resulta
sumamente atractivo poder adquirir por 99 libras esterlinas un equipo que
permite acceder á Internet.