Unha empresa británica comercializa televisores personalizados de até 370 polgadas
mércores, 11 de xuño do 2014
Parece que o tamaño dos televisores non para de medrar nos
últimos tempos, e pasamos da popularización dos televisores de 32 polgadas a
superar as 55 polgadas en moi poucos anos, e agora a británica Titan Technology quere
ir máis aló, e presente o seu televisor Zeus, que pese
a ter un prezo de 1 millón de libras (1,24 millóns de euros) conseguiu recibir xa 2 encargos, e que
sorprende por contar cunha pantalla cunha diagonal de 370 polgadas, o que supón
unhas dimensións de 8 x 5 metros, o que serÃa considerablemente máis grande que
unha porterÃa de fútbol, polo que enténdese que será para a súa colocación en
locais públicos.
Estamos ante uns televisores que soportan imaxes en ultra alta definición e que
no seu prezo inclúen o seu transporte e instalación (pois para poder movelos
tiveron que adaptar un vehÃculo) e non só poden colocar as pantallas en
interiores, senón que tamén poden adaptalas para exteriores (podendo dotar ás
pantallas de resistencia á auga) ou incluso engadirlle sensores para que poidan
controlarse mediante xestos.
- Os televisores Titan Zeus poden adaptarse para o seu uso en exteriores