Unha correa engadirá 30 horas de autonomÃa ao Apple Watch
venres, 26 de xuño do 2015
Agora
que o
Apple Watch xa pode adquirirse en España, algúns dos seus compradores estarán
preocupados pola súa autonomÃa, e grazas a unha especificación do reloxo pouco publicitada
(ten un conector de carga oculto) esa eiva do reloxo pode arranxarse grazas a
correas como a Reserve Strap, un
accesorio que multiplica por 2,7 a autonomÃa do Apple Watch de xeito que
engadirÃalle unhas 30 horas de autonomÃa.
Esta curiosa correa que pode adaptarse as reloxos de Apple con corpos de 38 e
42 milÃmetros e se axustarÃa a pulsos de entre 130 e 210 milÃmetros ten un
ancho de 25 milÃmetros, un grosor de 3-9 milÃmetros e un peso de 65 gramos, agochando
no seu interior unha baterÃa recargable por micro USB, á vez que tamén integra
un botón de acendido e un indicador LED de carga.
A Reserve Strap xa pode
mercarse en cor branca, gris ou negra a un prezo de 249,99 dólares (223,26
euros) aÃnda que non
se enviará aos seus compradores até o 3 de novembro.
- A correa venderase en dous tamaños e tres cores distintas