Unha conferencia na USC busca animar ao emprendemento

martes, 27 de setembro do 2011 Redacción

JPEG - 81.8 KB
Álex Barrera nunha das súas participacións en Iniciador Galicia

O vindeiro día 5 de outubro o Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela acollerá unha conferencia organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CITIUS) que leva por título Emprender ou traballar para unha multinacional? A forma de vida dos insatisfeitos, impartida por Álex Barrera, impulsor de iniciativas de fomento do emprendemento como Tetuán Valley ou Press42.com, que xa participou hai uns meses en Iniciador Galicia.
O relatorio está aberto a calquera persoa que teña interese en coñecer de primeira man as experiencias e consellos dunha das persoas máis activas a nivel estatal no fomento do emprendemento.

PUBLICIDADE