Unha carcasa permite usar 2 SIM no iPhone 4
luns, 25 de abril do 2011
Unha carcasa
traseira para o iPhone 4 á venda en USBfever por 249,99 dólares (170,81
euros) permite achegar ao móbil de Apple unha protección adicional, 800 mAh de
baterÃa adicionais e a posibilidade de empregar
dúas tarxetas SIM no mesmo móbil.
Anteriormente xa existÃan carcasas que permitÃan mudar de tarxeta SIM de xeito
doado (de xeito que podiamos chamar a través da liña da nosa elección), pero
desta volta é posible que os 2 números telefónicos estean activos
simultaneamente, aÃnda que para iso é preciso facer jailbreak ao móbil (posto que é preciso instalar unha aplicación
especial para gozar das novas funcionalidades).
Con esta carcasa hai que empregar unha tarxeta SIM como principal (que será a que
empregue servizos avanzados como a conectividade de datos) de xeito que a
tarxeta secundaria limitarase ao uso de chamadas de voz e mensaxes de texto.
Demostración do funcionamento da carcasa con baterÃa e dobre SIM