Unha carcasa disfraza ao iPad 2 de MacBook Pro
luns, 9 de abril do 2012
Non son poucas as fundas para iPad que, aparte de protexer o
tablet de Apple, integran un teclado externo para facilitar tarefas como
escribir correos electrónicos ou redactar textos sen ter que empregar unha
lenta interface virtual en pantalla, e nesta liña chega dende o Xapón o NoteBookCase
for iPad2, unha elegante carcasa de plástico de 250 x 195 x 20 milÃmetros e
618 gramos de peso que ten forma de ordenador portátil MacBook Pro, de xeito
que a súa base é realmente un teclado Bluetooth 2.0 cunha baterÃa recargable
(que tras 4-5 horas de carga poderÃa operar uns 60 dÃas), e poderÃa albergar un
iPad 2 (aÃnda que deberÃa de funcionar sen problema cun novo iPad). Este
accesorio véndese por 5.980 iens (56,15 euros) e é de agardar que en breve
chegue a distribuidores europeos.
Como curiosidade, o teclado desta carcasa pode cargarse mediante un porto
miniUSB, pero conta tamén cun porto USB que permite coller a alimentación do
outro conector para, mediante un cable que pode adquirirse aparte, cargar o
iPad ou outros trebellos sen ter que ocupar 2 tomas de corrente.
- A carcasa incorpora un teclado Bluetooth 2.0
- Con esta peculiar carcasa un iPad 2 toma unha aparencia semellante á dun MacBook Pro