Unha aplicación permitirá editar xogos e experiencias dentro de Fortnite

xoves, 16 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Epic Games está a explorar un novo xeito de revitalizar Fortnite abrindo a plataforma a terceiros, para o que van lanzar o Unreal Editor para Fortnite, unha nova aplicación para PC que permitirá deseñar, desenvolver e publicar xogos e experiencias directamente en Fortnite.
A aplicación contará con moitas das ferramentas e procesos de traballo de Unreal Engine 5, como a importación de recursos personalizados, o modelado, os materiais e efectos visuais, Sequener e o rig de control, de xeito que estará dispoñible todo un mundo de opcións para producir e publicar xogos e experiencias que poderán gozar os millóns de xogadores de Fortnite.
O Unreal Editor para Fortnite tamén integra unha nova linguaxe de programación chamada Verse, con potentes capacidades de personalización, como a manipulación ou o encadeamento de dispositivos e a posibilidade de crear de xeito doado unha nova lóxica de xogo.
Está previsto que a nova aplicación estea dispoñible o vindeiro día 22, no marco da Game Developers Conference, congreso no que enténdese que darán detalles sobre esta interesante proposta de Epic Games.

PUBLICIDADE