Unha aplicación permite integrar videochats en páxinas web

venres, 22 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A empresa francesa Wengo desenvolveu un widget coñecido coma Wengo Visio e que consiste nunha pequena aplicación en Flash que se pode incorporar a unha páxina web ou blog para permitir que os seus visitantes envíen textos en tempo real ó seu administrador para poder incluso establecer unha comunicación a xeito de chat que permite o uso tanto de son coma de vídeo, de xeito que sería unha aplicación tipo Messenger ou Skype integrada nunha web, e que non precisaría de software preinstalado por parte do usuario.
Wengo pretende potenciar este tipo de ferramentas para achegar novos usuarios ós seus servizos de voz sobre IP, de xeito que os usuarios de Wengo Phone merquen minutos en chamadas telefónicas (a fixos e móbiles), polo que o lanzamento desta interesante aplicación para webs podería ser un reclamo moi atractivo que xa conta con moitos usuarios.

PUBLICIDADE