Unha aplicación para iPhone facilita o uso do transporte público na Coruña

luns, 19 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O enxeñeiro informático Víctor Pena, quen estivo detrás de aplicacións como O Tempo, achéganos agora Móvete, unha guía de transporte urbano para A Coruña que facilita información en tempo real sobre as liñas de autobuses e tamén axuda a localizar as estacións de bicicletas do servizo bicicoruña.
Esta aplicación de balde para iOS permite consultar o tempo que falta para a chegada do autobús, atopa a paradas máis próximas, amosa as paradas no mapa, permite consultar o itinerario das liñas, busca paradas por nome, busca un enderezo e consulta as paradas máis próximas e permite seleccionar un punto no mapa para ver as paradas, o que axuda a moverse pola cidade herculina, aínda que as usuario de bicicoruña tamén pode interesarlles o feito de que localice a estacións de bicicletas máis próximas, amose a estacións no mapa, busque as estacións por nome, busque un enderezo e consulte as estacións próximas e permita seleccionar un punto no mapa para ver as estacións.
Esta aplicación en galego de Víctor Pena, en vez de estar amparada por Filloa Dev coma os seus anteriores proxectos, desenvolveuse como proxecto de fin de carreira de Enxeñaría Informática da UDC en Trabe Soluciones.

Móvete achega información en tempo real ao iPhone

PUBLICIDADE