Unha aplicación para Windows Phone facilita o control remoto de presentacións de Office
luns, 18 de novembro do 2013
Os usuarios de Microsoft Office 2013 que realicen habitualmente
presentacións no caso de contar cun smartphone con Windows Phone 8 poderÃan
tirar un maior proveito da combinación das distintas plataformas de software da
compañÃa de Redmond facendo uso de Office
Remote, unha aplicación de balde para o móbil que conta tamén coa súa contrapartida
para Windows 7/8, de xeito que, de poder establecerse comunicación a través
de Bluetooth entre o PC e o móbil poderanse realizar numerosas accións de
control remoto do equipo informático.
Por exemplo, ao realizar unha presentación de PowerPoint será posible moverse
polas distintas páxinas, ver as notas para o orador, comprobar o tempo que vai
da presentación e manexar o punteiro en pantalla directamente dende o móbil,
contando tamén con funcións semellantes para Excel e Word, o que resulta moi
cómodo e áxil durante a realización de presentacións profesionais e para usos
educativos.