Unha aplicación para Android axuda a identificar 255 especies de cogomelos que podemos atopar en Galicia
xoves, 25 de outubro do 2012
A riqueza micolóxica dos bosques galegos é innegable, polo
que recoñecer todas as especies de cogomelos que hai repartidos pola nosa
xeografÃa resulta imposible, sendo igualmente difÃcil cargar con libros que
axuden a identificar tal manxar durante as campañas de recollida polo monte, de
aà que poida resultar de grande utilidade para os afeccionados á recollida de
cogomelos a aplicación
para dispositivos con Android 2.1 ou superior chamada MicoKey, que pode
descargarse de balde a través de Google Play.
Esta ferramenta que recolle a 255 especies máis comúns de Galicia, incluÃndo
fichas con imaxe e datos de máis de 100 destas especies desenvolveuse grazas ao
Grupo de Investigación Micolóxica da
Universidade de Vigo, que tras publicar unha
guÃa de cogomelos recollendo as chaves de identificación que empregaron
durante preto de 15 anos no Laboratorio de de Botánica da Facultade de
BioloxÃa. O encargado de traducir este traballo anterior nunha aplicación
recaeu en Xan Bellón, que conseguiu fundir informática e micoloxÃa.
Dende o Laboratorio de MicoloxÃa tamén están a colaborar co Grupo Micolóxico
Galego no desenvolvemento
dunha base de datos en liña coas máis de 2.000 especies de cogomelos
identificados en Galicia e que de momento non está dispoñible para o
público, estando en fase de revisión das súas nomenclaturas.