Unha aplicación móbil recolle a oferta formativa da USC

venres, 17 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O futuros estudantes da Universidade de Santiago de Compostela poderán descargar nos seus móbiles unha aplicación que recolle a oferta formativa da USC, de xeito que poderán consultar en todo momento información de interese (cronograma, oferta de estudos, condicións de matrícula…).
Para a descarga da aplicación pode acudirse a un formulario no que introducir o número de teléfono ao que remitirase unha mensaxe de texto de balde cunha ligazón para a descarga da mencionada aplicación (para o que é preciso contar con acceso á Rede dende o terminal).
Esta aplicación é compatible cun bo número de móbiles dos dispoñibles no mercado, e non consume tráfico de datos fóra da súa descarga inicial. Foi un desenvolvemento da compañía ferrolá Loroestudio e entre os usuarios que descargue a aplicación por calquera das vías existentes (páxina web, número longo e redes sociais) sortearanse Interraís de Renfe.

PUBLICIDADE