Unha aplicación móbil axudará a localizar prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida na Coruña
martes, 18 de marzo do 2025
O Concello da Coruña, a Asociación de Persoas con Mobilidade Reducida e Google.org están a unir forzas para facilitar a identificación e o acceso a prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida (PMR) mediante a tecnoloxÃa de satélites, o Street View e a IA. Para tal fin están a desenvolver a aplicación móbil do proxecto Spot4Dis, que ten actualmente aberta a inscrición á súa fase de probas.
A Coruña é unha das cinco cidades europeas nas que se está a desenvolver o proxecto (xunto con Valencia, Zaragoza, Badaxoz e Xénova), despois de que no pasado mes de decembro se asinase o convenio de colaboración entre as tres partes implicadas.
Tal e como se expuxo entón, a posta en marcha do proxecto Spot4Dis na cidade herculina sustentarase na base de datos das prazas PMR das que dispón o Concello, tamén das que están previstas no futuro en todos os barrios da Coruña. É aproveitando esta base de datos como AsoPMR e Google.org poden, a posteriori, dixitalizar e xeolocalizar as súas localizacións e tamén informar do seu estado de ocupación.
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, convidou a cidadanÃa a tomar parte nesta fase preliminar á posta en marcha da aplicación, "un paso fundamental para adaptar e moldear a app atendendo ás suxestións e necesidades da cidadanÃa".
- A rúa de San Andrés conta con novas prazas de estacionamento para PMR