Unha aeroliña de Alasca ofrecerá conexión Wi-Fi aos seus pasaxeiros
mércores, 19 de setembro do 2007
A aeroliña Alaska Airlines anunciou o pasado
martes que ofrecerá aos seus pasaxeiros a posibilidade de conectarse á Rede
mediante Wi-Fi a partir do vindeiro ano, servizo que estarÃa dispoñible en
todos os destinos da compañÃa. O que aÃnda non teñen claro os directivos da
mesma é se tarificar o devandito servizo, xa que o sistema supón un pago á
empresa provedora do sistema, chamado Row 44, que permite a transferencia de
datos a unha antena situada na parte superior da aeronave.
Cómpre salientar que ha preto dun ano, a empresa Boeing Co. deu por rematado o seu intento de impoñer este produto no mercado, pola sinxela razón de que o sistema non espertou interese abondo noutras compañÃas aéreas. Polo comentado no artigo de Yahoo!, ningunha das grandes compañÃas amosou interese neste proxecto e, ademais, logo dos atentados terroristas do 11 de setembro, o proxecto tivo aÃnda un maior rexeitamento dentro do sector aeronáutico.