Unha actualización permite que o Xperia Sola poida empregarse coas luvas postas
venres, 28 de setembro do 2012
Sony
vén de publicar unha actualización
que leva Android 4.0 ao seu móbil Xperia Sola, pero renovar o sistema
operativo non é o único que chega como novidade para este terminal que no seu día destacara
por contar coa tecnoloxía floating touch,
senón que tamén incorpora
un novo modo de funcionamento chamado glove
mode (modo luva), que
permitirá detectar cando un dedo preme a súa pantalla aínda que o usuario leve
luvas, de xeito que o Nokia Lumia 920 non será xa o único smartphone de pantalla táctil que pode manexarse coas luvas postas
(algo especialmente interesante durante o frío inverno).
Esta solución de software para o Xperia Sola detecta o uso de luvas na pantalla
de desbloqueo do terminal, o que resulta moi práctico, pois así é doado
conmutar entre o modo normal (con floating
touch) e o modo para luvas. Podemos ver o funcionamento desta interesante
prestación no seguinte vídeo: