Uncharted 4 estrea o seu tráiler final
luns, 25 de abril do 2016
Tras
unha insufrible sucesión de retrasos no seu lanzamento, o xogo Uncharted
4: El Desenlace del Ladrón xa está listo para a súa chegada ás tendas o
vindeiro 10 de maio, e para que quede claro que o que poderÃa ser o xogo
exclusivo para PlayStation 4 máis salientable do ano está a piques de ver a luz
dende Naughty Dog estrean
o seu tráiler final, que deixa ver a excelente factura deste xogo que ten
como principal reto estar á altura do que espera o público a xeito de colofón
dunha grande saga que marcou a historia da PlayStation 3.
Un dos grandes problemas que tiña Naughty Dog para conseguir que este xogo
resultase satisfactorio curiosamente non foi Uncharted 3, senón The Last
of Us, outro dos seus xogos que pese a non formar aÃnda franquÃa, conseguiu
converterse no máximo expoñente en narrativa da anterior xeración de consolas.
O feito de ter que pór o broche final á historia de Nathan Drake tamén supón
unha grande responsabilidade e, para non deixar insatisfeitos aos seus máis
fieis seareiros, aparte das edicións estándar, Uncharted 4 tamén pode reservarse nunha
edición especial e nunha edición para coleccionista.
Tráiler final de Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón