Uncharted 4 adía o seu lanzamento mes e medio

mércores, 23 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Os seareiros das aventuras de Nathan Drake terán que ser pacientes, pois Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón, xogo que tería que ter visto a luz durante esta campaña de Nadal e que decidirán adiar o seu lanzamento até o 18 de marzo de 2016, volve retrasar a súa data de lanzamento, de xeito que non o veremos nas tendas até o 27 de abril de 2016.
Dende Naughty Dog aseguran que están ante o Uncharted máis grande que fixeron até o momento, e segundo foron achegándose ás datas de entrega e ir pechando niveis do xogo, foron decatándose de que moitas secuencias importantes precisaban de recursos adicionais para completalas co niveis de calidade propios deste esixente estudio, polo que prefiren comercializar o xogo máis tarde a entregar un produto que teña que recibir varias actualizacións para funcionar satisfactoriamente.

JPEG - 90.6 KB
Naughty Dog decidiu volver adiar o xogo para pulir detalles que permitan entregar un produto que estea á altura das expectativas dos seareiros da saga

PUBLICIDADE