Uncharted 3 vende 3,8 millóns de copias no seu lanzamento

venres, 11 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O pasado día 2 chegou ás tendas Uncharted 3: La Traición de Drake, e esta entrega das aventuras de Nathan Drake está a ser un éxito indiscutible, como confirma Sony ao asegurar que no seu lanzamento conseguiron colocar 3,8 millóns de copias deste xogo exclusivo para PlayStation 3. Deste xeito, en só uns días Uncharted 3 converteuse nun dos títulos máis vendidos do ano, conseguindo o xogo de Naughty Dog tamén moi boas críticas, en boa medida pola espectacularidade e a experiencia case cinematográfica que achega esta franquía que está a converterse nun dos grandes referentes desta xeracións de consolas de videoxogos domésticas.

A terceira entrega da saga traslada a acción ao deserto

PUBLICIDADE