Un xogo independente español se cola na Nova Experiencia Xbox

venres, 21 de novembro do 2008 Marcus Fernández

A renovación da interface de uso da Xbox 360 aparte de avatares, aluguer de películas e instalación de xogos no disco duro tamén engade unha nova canle de contidos no Bazar de xogos chamada Community Games, na que aparecen videoxogos desenvolvidos por estudos independentes entre os que temos que destacar á compañía española Evolution Dream Studios, que estrea este novo xeito de publicar xogos para a Xbox 360 con Planet Delta: A journey to the core, un videoxogo de Puzzle que xa contaba con versión para PC, que se adapta así ás posibilidades da alta definición e a vibración do mando que permite a consola de Microsoft.
O Planet Delta se vende por 400 Microsoft Points, contando incluso cunha versión de demostración, de xeito que podemos probalo antes de adquirilo.

PUBLICIDADE