Un webinar dará conta das medidas de reactivación do sector cultural galego

martes, 5 de maio do 2020 Marcus Fernández

Este xoves ás 17:00 horas a Consellería de Cultura e Turismo organiza un webinar dirixido a profesionais da cultura para presentar o Plan de Reactivación do Sector Cultural Galego fronte ao Coronavirus, co obxectivo de achegar información de primeira man sobre as principais medidas de choque e resolver dúbidas e consultas que esta iniciativa poida xerar.
Neste encontro virtual participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o director do IGAPE, Juan Manuel Cividanes; o director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Para poder asistir a este webminar que terá lugar a través da plataforma institucional para videoconferncias da Xunta de Galicia (Cisco Webex), é preciso rexistrarse vía web, estando limitada a participación a un milleiro de persoas a través desta plataforma, existindo tamén como canle alternativa YouTube, o que facilita unha participación máis ampla de actores do sector cultural interesados en tirar proveito das ferramentas que axudarán a superar a crise provocada pola COVID-19.

PUBLICIDADE