Un galego entre os 10 mozos innovadores máis brillantes de España
luns, 22 de outubro do 2012
- Elías Pérez Carrera é o co fundador de Quobis
A
publicación Technology Review en español
elixe por segundo ano consecutivo aos 10 innovadores máis brillantes menores de
35 anos nuns galardóns
coñecidos como TR35 Spain, que busca recoñecer o labor de mozos españois
que estean a abrir novas posibilidades no ámbito da tecnoloxía entre os que destaca
o galego Elías Pérez Carrera,
co fundador da consultora
tecnolóxica Quobis en 2004 e na que que traballan actualmente máis de 20
persoas e dende a que concibiu o proxecto
IdentityCall, co que busca ofrecer a a institucións e grandes empresas unha
solución de alta seguridade para chamadas de voz.
Precisamente esta solución foi a que valeulle o recoñecemento de Technology Review, por amosar evidentes
vantaxes fronte aos seus competidores ao combinar un elemento que a persoa que
chama posúe (un certificado dixital ou unha smartcard)
e un elemento que precisa coñecer (un código PIJN) o que en palabras de Pérez Carrera
“garante a identidade e o non repudio no
ámbito das redes de voz de nova xeración”.
Esta solución pode empregarse dende un ordenador empregando DNI electrónico
para identificar ao usuario, mentres que dende dispositivos como un tablet ou
un smartphone precisaría dun
certificado dixital, medidas de seguridade que permitirían asegurar tanto o
contido como a autoría das chamadas de voz sobre IP, o que podería ter grande
utilidade para servizos de banca electrónica, conversas confidenciais, trámites
administrativos, contratación de servizos e outros usos nos que evitaríase unha
tramitación presencial, cos aforros que iso supón para ambas partes.
Dende o xurado dos premios TR35 aseguran
que Pérez Carrera e a súa empresa (Quobis) souberon entender que “a innovación é dinámica, complexa, global e
non lineal”, convertendo a “fortaleza
innovadora” no seu modelo de negocio.