Un vÃdeo sexual dunha menor asturiana convértese nun novo fenómeno na Internet
xoves, 14 de xuño do 2007
Dende distintos medios de comunicación están a
alarmar sobre o lado escuro dos contidos xerados polos usuarios que tanto
caracterizan a chamada web 2.0, pois un
vÃdeo está a causar sensación na Rede, pois no mesmo se pode ver unha orxÃa
gravada dende un móbil no que unha rapaza menor de idade practicaba sexo con
varios mozos.
A gravación nun parque de Pola de Laviana (Asturias) apareceu en moitos foros e
blogs, subÃrona a YouTube (de onde a borraron os administradores do sistema
pola súa polÃtica contra a pornografÃa) e mesmo a compartiron en servizos de
publicación de ficheiros coma Rapidshare
(de onde se prohibiu a súa descarga tralas queixas recibidas) e, por suposto,
circula nas redes P2P.
O Corpo Nacional de PolicÃa e a Garda Civil están a investigar o caso e xa se produciron
4 detencións, pois aÃnda que a moza asturiana é consciente de que a están
gravando en vÃdeo, a difusión pola Rede poderÃa constituÃr un delito contra a
intimidade (vese claramente o rostro da rapaza e mesmo se escoita o seu nome,
Aurora).
Precisamente a publicación desta nova está a reavivar o asunto, que deu
moito que falar nalgún blog, mentres que noutros espazos se dedican a criticar
duramente á rapaza protagonista do vÃdeo ou se fai unha
transcrición do que di mentres practica sexo (o que xa resulta bastante
ilustrativo de por qué o vÃdeo está a resultar tan polémico).
O clip de vÃdeo está a ser moi solicitado na Rede, e aÃnda
hai páxinas web que o conservan, deixando claro que cando un vÃdeo se
elimina de raÃz continúa a circular pola Internet sendo practicamente imposible
evitar a súa difusión, de aà que sexa tan sensible a nosa intimidade na
Internet.