Un tema, millóns de voces: chega o Blog Action

martes, 21 de agosto do 2007 Matías Olazabal

A proposta non deixa de chamar a atención. O vindeiro 15 de outubro vaise celebrar o primeiro Blog Action Day (“Día de Acción dos Blogs) proposta impulsada por un grupo de seareiros dos novos medios de comunicación que dende o sitio do mesmo nome promoven a iniciativa que ten como obxectivo facer que todos os blogs do ciberespazo falen do mesmo, nun intento por resolver cuestións consideradas “urxentes”.

O tema que abre a celebración desta xornada de acción virtual é o medio ambiente, e vanse propor tres vieiros de participación nesta iniciativa. O primeiro e máis evidente é publicando unha entrada nos nosos blogs que trate o tema en cuestión o día previsto. A segunda forma de colaborar é difundindo esta proposta entre os nosos amigos, e a terceira opción é doar os nosos ingresos do día 15 de outubro a unha sociedade de preservación do medio ambiente ou ONG.

O éxito semella estar asegurado xa que aínda a 54 días da fecha prevista xa son case 2.000 os blogs involucrados co proxecto, e a audiencia estimada é de máis de un millón de persoas, cifras que irán medrando nos próximos días.

PUBLICIDADE