Un teléfono sen fÃos de Philips permite recibir as chamadas do móbil
mércores, 14 de setembro do 2011
Avanzando na converxencia
entre o teléfono fixo e o móbil Philips presenta o seu terminal ThinkLink, que
é unha solución de telefonÃa sen fÃos que combina Bluetooth e DECT, e que
agradecerán especialmente os profesionais que traballen ou queiran levar os
seus negocios a casa. O Philips
ThinkLink consiste nun teléfono DECT con pantalla TFT de 2,4 polgadas cunha
base coa que poden conectarse por Bluetooth ata 2 teléfonos móbiles (que tamén
poden cargarse a través de tomas USB integradas) de xeito que permitirÃa
responder as chamadas de fixo e móbil nun único terminal. O dispositivo tamén descarga a información de
ata 500 contactos de cada teléfono móbil, polo que poderiamos identificar dun
xeito áxil as chamadas recibidas a través desta solución.
Entre as vantaxes do Philips ThinkLink estarÃa a súa autonomÃa (aguanta ata 22
horas en conversa) e a calidade de recepción das chamadas (pois o sinal DECT
poderÃa chegar sen problemas a habitacións con mala cobertura móbil sempre que
a base estea colocada nun lugar onde a recepción GSM sexa boa).
O Philips ThinkLink xa está dispoñible
en España a un prezo de 139 euros.
- O Philips ThinkLink parece unha excelente opción para profesionais en pequenas oficinas ou que traballen na casa