Un tablet con aspiracións a caderno
xoves, 28 de outubro do 2010
Tras o lanzamento
do NOOKcolor dá a impresión de que os dispositivos de lectura de libros
electrónicos van vivir unha importante renovación para adoptar a cor, aÃnda que
polo momento están a basear este cambio en tecnoloxÃa pouco axeitada (non hai
pantallas en cor comerciais que poidan visualizarse sen problema baixo a luz do
sol), e entre os lectores electrónicos de nova xeración temos o E-King
S700, cunha pantalla en cor de 7 polgadas que desta por un contar con dobre
interface de entrada: control táctil resistivo (por presión) e control táctil
por indución electromagnética (para o seu uso un stylus coma o das tabletas
gráficas, o que permite ao trebello comportarse como un caderno de notas).
O E-King S700 tamén goza de conectividade 3G, lector de pegadas dixital e cámara
de 3 MpÃxeles, e aÃnda que estre trebello desenvolvido por China Shenzhen
Guangxuntong Communication Technonology poida resultar atractivo para certos
usos, parte dun prezo bastante elevado: 3.999 iuans (430,48
euros).