Un superordenador logra resolver o cubo de RubiK en menos de 30 movementos

martes, 21 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Tras as incursións nos xogos dos ordenadores que se sumaron a partidas de xadrez e máis recentemente de póker, un destes denominados “superordenadores” puído concluír que calquera combinación do coñecido cubo de Rubik pode darse en 26 movementos, agás algunhas especialmente problemáticas que precisan 3 xiros adicionais.

Segundo o publicado nun artigo da BBC, chegar a esta conclusión levoulle ao equipo informático unhas 63 horas, e mediante operacións combinatorias foron eliminándose os pasos intermedios reducindo os movementos necesarios para resolver o xogo até a cifra final de 26.

Compre salientar que, se ben o cubo ten unha posibilidade combinatoria de 43 billóns de billóns, os científicos da Universidade de Northeastern Boston puideron reducir as combinacións até unha mostra representativa de 15.000 posibilidades, dende as que poden derivarse as restantes dun eido mostral inabarcable. Os científicos presentaron os seus resultados no Simposio Internacional de Computación Simbólica e Algebraica celebrado en Waterloo, Ontario.

PUBLICIDADE