Un soporte permite conectar discos duros ó ordenador coma se fosen cartuchos
venres, 19 de outubro do 2007
- Soporte cun disco de 2,5 polgadas
A
tenda virtual GeekStuff4U vende unha orixinal plataforma de conexión ó PC que
permite o uso de discos duros internos coma se fosen externos, sorprendendo
por non ocultalos dentro dunha caixa, senón que permite a súa conexión coma
se fosen cartuchos de NES ou de MSX.
Este soporte funciona con discos duros SATA de 2,5 e 3,5 polgadas, os que
conecta ó PC mediante un porto USB 2.0, de xeito que se poden empregar tanto en
equipos tanto con Windows coma con Mac OS X. Véndese a 33 euros e resulta unha
atractiva solución para conectar un disco interno a un ordenador sen ter que
abrilo, asà como para acceder ós contidos almacenados en distintos discos
duros, xa que fai doada e rápida a súa conexión.
Dende GeekStuff4U publican un vÃdeo de exemplo do funcionamento deste dispositivo: