Un relatorio na Coruña afondará no Fediverso
luns, 20 de xaneiro do 2025
O vindeiro mércores ás 19:30 horas o Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na rúa Santo André da Coruña acollerá a celebración dunha conversa organizada en colaboración coa Fundación Luzes na que o doutor en investigación en medios Alberto Quian e autor do libro Civilización Hacker abordará baixo o tÃtulo de O Fediverso contra Goliat o enfrontamento das comunidades de usuarios de redes sociais ao control as grandes tecnolóxicas mediante algoritmos de software libre, protocolos de ineteroperabilidade e códigos éticos.
Os interesados en acudir presencialmente a esta cita deberán inscribirse previamente.