Un proxecto propón unha solución discreta para conectar dispositivos electrónicos á corrente

mércores, 16 de maio do 2012 Marcus Fernández

Os múltiples que facilitan a conexión de distintos dispositivos electrónicos non destacan pola súa estética e versatilidade, ao que responden cun orixinal proxecto que busca financiamento a través de Kickstarter e que pretende facer realidade un concepto chamado Plugbook, que sería un prolongador de corrente que incluiría 2 enchufes ordinarios, 2 portos de carga USB de 1 amperio, protección contra o sobrecalentamento e un cable de corrente de 3 metros que pode enrolarse no interior da súa carcasa de 243 x 153 x 55 milímetros que presenta unha forma semellante á dun libro, o que facilita a súa ocultación cando non está en uso. Deste xeito, o Plugbook podería gardarse no estante do salón entre libros de xeito discreto, de xeito que estaría accesible para cando precisásemos conectar a corrente algún dispositivo electrónico ou cargar por USB móbiles e tablets.
O produto pretende venderse a usuarios finais por 29,95 dólares, pero os que apoien o proxecto poderán facerse con algún dos primeiros plugbooks de cor branca por só 20 dólares (gastos de envío incluídos), mentres que de non estar entre os 200 primeiros mecenas será posible adquirir un Plugbook branco, negro ou dunha terceira cor (que decidirán os usuarios por votación) por 25 dólares (19,63 euros). Tamén estará dispoñible unha edición especial en cor vermella por 10 dólares máis, e quen desexe adquirir lotes destes accesorios poderá beneficiarse de descontos.

JPEG - 27.2 KB
O Plugbook pode camuflarse entre libros dun xeito discreto
JPEG - 15.6 KB
O Plugbook agocha no seu interior un cable de 3 metros
JPEG - 30.1 KB
O Plugbook conta con 2 tomas de corrente e 2 conectores USB de 1 A

PUBLICIDADE