Un pingüÃn robótico que fala con Facebook
martes, 30 de xuño do 2009
Aproveitando o pulo de
Facebook, dende a empresa suÃza Arimaz están a preparar un pequeno robot chamado
MyDeskFriend pensado para a súa colocación no noso escritorio e que
pode reaccionar á nosa voz (recoñece 15 ordes distintas), moverse
pola mesa sen caer e incluso conectarse a Facebook para ler as nosas
mensaxes (e incluso poder ser controlado polos nosos amigos reais en Facebook).
Este curioso trebello con forma de pingüÃn sairá á venda en setembro por uns 99
dólares, e aÃnda que a súa utilidade é bastante discutible, resulta curioso que
continúen a lanzar este tipo de robotiños,
o que dá a entender que teñen o seu mercado.
Demostración do funcionamento dun prototipo do MyDeskFriend