Un pequeno dispositivo facilita a localización da nosa equipaxe
xoves, 1 de agosto do 2013
Un interesante proxecto con tecnoloxÃa de xeolocalización está
a estrearse comercialmente nos EE.UU. Trátase de Trakdot Luggage, un pequeno
dispositivo de 7,6 x 5,7 x 1,9 centÃmetros pensado para gardar na nosa equipaxe
cando viaxemos para poder localizalo de xeito doado en caso de extravÃo, posto
que esta solución utiliza tecnoloxÃa de telefonÃa móbil para, mediante
triangulación, establecer a súa posición (evitando os problemas de cobertura do
GPS). Este trebello tamén detecta cando está nun avión para colocarse nun modo
de repouso e reactivarse no momento da aterraxe (cumprindo asà co regulamento
aéreo que obriga a levar certos dispositivos electrónicos apagados durante os
voos).
O Trakdot Luggage pode configurarse para que ao chegar a equipaxe a terra
remita unha mensaxe de texto ou un correo electrónico, tamén conta con aplicacións
móbiles para Android e iPhone (sempre
que conten con Bluetooth 4.0) que avisa
cando temos a equipaxe a menos de 10 metros de distancia, funciona con pilas AA
(que achegan unha autonomÃa de 2 semanas de uso) e véndese por 49,99 dólares
aos que hai que sumar 8,99 dólares por activación e 12,99 dólares ao ano para
manter o seu servizo (lembremos que está baseado en telefonÃa móbil, de aà as
cotas).
Estamos ante unha combinación de produto e servizo moi interesante, que
principalmente está centrada nos EE.UU. (por mor do servizo de envÃo de
mensaxes de texto), pero que parece unha idea bastante exportable e unha
interesante opción para os viaxeiros frecuentes.