Un parche permite instalar Bayonetta no disco duro da PS3

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

O xogo Bayonetta de SEGA, dispoñible para Xbox 360 e PlayStation 3, tiña na consola de Sony a súa irmá fea, pois aparte de ter unha versión menos coidada que a da consola de Microsoft, presenta un fallo moi difícil de xustificar: os tempos de carga son moi elevados pese a cargar dende discos Blu-ray (máis rápidos que os DVD).
Os desenvolvedores negaron que fosen a arranxar os fallos detectados no xogo, pero finalmente anunciaron unha solución parcial ao asunto, consistente na incorporación dunha nova opción no menú do xogo que abre a posibilidade de instalación de Bayonetta no disco duro da PS3, de xeito que os usuarios con 4,5 Gb libres poden descargar este parche que xa está dispoñible para Xapón e Europa, e que permite unha experiencia de xogo máis satisfactoria.