Un novo reloxo intelixente opta por non sincronizarse con outros dispositivos
martes, 7 de agosto do 2012
A boa acollida en Kickstarter do reloxo de pulso Pebble
que promete funcionar en combinación con iPhone e Android para converterse en
todo un smartwatch permitiulle xuntar
máis de 10 millóns de dólares, de aà que non deberÃa sorprendernos a chegada
doutros produtos semellantes como Touch
Time, un novo proxecto de crowdfunding
de Phosphor que busca converterse
o reloxo de pulso de nova xeración con pantalla táctil e aplicacións como as
dos móbiles, que contará cunha pantalla sempre acendida por empregar unha
tecnoloxÃa como a do papel electrónico.
O prezo polo que pode adquirirse este reloxo que estará dispoñible a partir do
mes de novembro serÃa de 99 dólares (aos que haberÃa que engadir 25 dólares de
gastos de envÃo, quedando nuns 100 euros), e entre as súas prestacións destaca
o feito de que non funciona cunha baterÃa recargable de duración bastante
limitada, senón que é capaz de operar cunha pila de reloxo normal (CR2032),
aguantando coa mesma ata un ano, polo que estariamos ante un reloxo bastante
diferente dos smartwatches que
podemos atopar actualmente no mercado.
O Touch Time conta cunha pantalla LCD de 144 x 168 pÃxeles de baixo consumo,
retroiluminación LED (de cor branca), resistencia á auga, tamaño unisex (34 milÃmetros de ancho e 10,7
milÃmetros de grosor), soporte de varios idiomas (incluÃndo o español), carcasa
de aceiro inoxidable (no seu modelo básico e numerosas aplicacións: alarma,
cronómetro, recordatorios, hora mundial, axenda, calculadora, fases da lúa... e
todo iso sen ter que sincronizarse de ningún xeito cun móbil ou un ordenador,
polo que haberá quen o considera máis intelixente
que o resto de smartwatches.
A versión básica do reloxo custa 99 dólares e inclúe unha correa de silicona,
por 149 dólares poderase optar por un modelo con correa metálica de cor prata,
por 159 dólares con correa metálica escura e, por 499 dólares poderemos gozar
dunha versión cunha carcasa bañada en ouro de 18 quilates e correa negra de
silicona.
- O reloxo Touch Time estará dispoñible en varias versións