Un novo accesorio facilitará controis de xogo fÃsicos a dispositivos con iOS 7
venres, 20 de setembro do 2013
Unha das novidades que inclúe o iOS 7 é unha mellor
integración con dispositivos de xogo, e mentres os grandes fabricantes non
amosan as súas cartas, ClamCase amosa os seus GameCase,
accesorios que permiten incorporar a dispositivos móbiles de Apple uns controis
fÃsicos semellantes ao mando dunha Xbox 360 (incluso no seu tamaño) e que
chegar en versións adaptadas para todos os iPhone e iPad compatibles con iOS 7
(o que farÃa un total de 5 versións do accesorio).
O GameCase permitirÃa gozar dos xogos para iOS cun control máis fiable e
robusto que unha pantalla táctil (evitando tamén que os nosos dedos dificulten
a visión da pantalla completa), engadindo 2 mandos analóxicos, unha cruceta
dixital, 4 botóns de disparo na parte dianteira e 4 botóns traseiros
(accionables a xeito de gatillos).
Este accesorio tamén gañarÃa atractivo se tempos en conta que é posible gozar
dos xogos para iOS no televisor a través de AirPlay, de xeito que poderÃa
conseguirse unha experiencia de uso moi semellante á das consolas de videoxogos
domésticas.
Cómpre destacar que con iOS 7 os mandos externos cobran un maior protagonismo
porque o
seu uso está estandarizado por Apple, de xeito que é de agardar que a
meirande parte dos grandes xogos de acción para iOS incorporen o seu soporte a
partir de agora.