Un mozo virtual supera o Test de Turing
luns, 9 de xuño do 2014
Durante moitos anos vénse falando dos avances na
intelixencia artificial colocando como un dos grandes retos a superar o popular
Test de Turing, que consiste en superar unha serie de preguntas sen que un
interlocutor humano poida diferenciar se está a conversar con outra persoa ou
cunha máquina, o que parece ter conseguido Eugene
Goostman, un programa informático ruso que simula ser un mozo de 13 anos,
que foi
posto a proba o pasado sábado pola Royal Society de Londres, onde convenceu
ao 33% dos xuÃces de ser humano, superando a barreira do 30% que se tiña fixada
para considerar que se supera a proba durante unha sesión de chat de 5 minutos.
AÃnda que resulta difÃcil asegurar que estamos ante a primeira ocasión na que
se consegue tal fito (outros equipos de desenvolvemento teñen asegurado
conseguir tal logro nos últimos anos) estamos ante un caso contrastado, que
serve para constatar os grandes avances que están a producirse neste eido que
facilitará que a tecnoloxÃa sexa cada vez máis humana e, polo tanto, poidamos
interactuar con ela dun xeito máis natural.
A proba tivo lugar durante a celebración do 60º cabodano de Alan Turing, investigador
que deu nome a este curioso test que
pretende medir certos avances en computación ante a dificultade de definir o
que poderÃa considerarse como pensar
por parte dunha máquina, converténdose nun dos piares da filosofÃa da
intelixencia artificial (aÃnda que cun rigor moi discutible, pois ten
importantes eivas que radican principalmente no feito de medir comportamentos
en vez de ponderar a intelixencia real).