Un mozo mata a un taxista emulando ao Grand Theft Auto
luns, 4 de agosto do 2008
Un distribuidor de
videoxogos tailandés deixou de vender as distintas entregas de Grand Theft Auto despois de que un
adolescente confesase ter atracado e asasinado a un taxista intentando recrear
unha escena don controvertido xogo.
O director de vendas e comercialización de New Era Interactive Media declarou á
axencia de novas Reuters que están a solicitar ás tendas a retirada dos xogos
de GTA dos seus estantes, e están
preocupados polo acontecido, xa que o rapaz de 18 anos que asasinou a un
taxista de 54 anos cun coitelo durante a fin de semana declarou que quería
saber «se
era tan doado atracar un taxi na vida real coma no xogo».
O GTA IV foi un dos grandes
lanzamentos do ano, e está recomendado para maiores de idade, sorprendendo
especialmente que a nova polémica afecte a un mozo que non presente sinais de
problemas mentais e que simplemente estea obsesionado cun dos xogos de moda. Abandonada
a disputa sobre se os cativos deben xogar a este tipo de títulos (o que non
parece ser motivos de discusión) o
acontecido podería levar a que nalgúns países endurecesen a lexislación para
poder vetar este tipo de xogos no futuro (coma tamén está a pasar nalgúns
mercados con Manhunt 2, xogo da mesma
compañía que GTA).