Un móbil ruso pretende chegar en 2013 con 2 pantallas

mércores, 12 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A compañía rusa YotaPhone promete que no terceiro trimestre de 2013 vai comezar a comercializar (primeiro en Rusia e logo no resto do mundo) un smartphone baseado en Android 4.2 que podería ser o soño de moitos usuarios, por contar con dúas pantallas de 4,3 polgadas: unha LCD de 4,3 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles e outra de papel electrónico, o que permitiría que, mentres empreguemos este segundo panel, teñamos unha autonomía do móbil moi superior e tamén poidamos ler comodamente a pantalla do terminal en exteriores (onde as pantallas LCD tenden a comportarse bastante mal, por non ser capaces de contrarrestar a alta luminosidade do ambiente).
O YotaPhone será un móbil cun procesador Qualcomm Snapdragon MSM B960 de dobre núcleo a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 32/64 Gb de almacenamento interno, cámara traseira de 12 Mpíxeles e frontal de alta definición, Wi-Fi (Direct), Bluetooth, NFC, conectividade 2G/3G/4G, unhas medidas de 131 x 67 x 7,3-9,9 milímetros e un peso de 140 gramos.

A dobre pantalla do YotaPhone permitirá gozar das bondades de dous tipos de paneis nun único dispositivo

PUBLICIDADE