Un móbil inclúe un compartimento para un auricular Bluetooth
martes, 27 de novembro do 2007
A tecnoloxía fai posible que cada día os móbiles
sexan máis pequenos, pero a compañía chinesa Naxing quixo aproveitar a redución
de tamaño para dotar ó seu terminal NX788 dun
compartimento que serve para gardar un auricular Bluetooth, o que podería ser
sumamente práctico para o usuario, aínda que se trata dunha prestación que
sorprende por carecer de precedentes.
O NX788 é un móbil GSM de dobre banda, con conectividade Bluetooth (soporta
A2DP), cámara CMOS de 1,3 Mpíxeles, lector de tarxetas microSD, reprodución de
MP3 e MP4, pantalla táctil QVGA con recoñecemento de escritura e funcionalidade
dual SIM (ou sexa, permite inserir no seu interior 2 tarxetas de telefonía
distintas, o que resulta especialmente útil para usuarios que teñan unha liña
persoal e outra profesional).
Este novo terminal se vende
en Hong Kong a uns 190 dólares (128 euros).