Un mini-teclado Bluetooth permite o seu uso como auricular telefónico
mércores, 18 de abril do 2012
Elecom está a vender no Xapón un curioso
mini-teclado Bluetooth 2.1 pensado para a introdución de texto de xeito
áxil en dispositivos con Android ou iOS, que mide 141 x 53 x 13 milÃmetros e
pesa 66 gramos que sorprende por permitir o seu uso como micrófono e auricular
durante a realización de chamadas de voz co noso smartphone ou tablet.
Este
teclado compacto está deseñado para empregarse cos polgares, integra unha
pantalla OLED na que presenta identificación de chamadas, alertas, conta cunha
baterÃa de 600 mAh (que pode cargarse mediante USB) e outras informacións e
está á venda por 18.690 iens (175,69 euros).
O seu fabricante recomenda a súa utilización con teléfonos con Android, móbiles
iPhone e mesmo tablets como o Samsung GALAXY Tab ou o iPad.
- O teclado Elecom TK-MBD041 pode funcionar como auricular Bluetooth