Un fallo de seguridade de WhatsApp permitía o acceso a ficheiros locais

mércores, 5 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

O experto en seguridade Gal Weizman vén de desvelar un fallo de seguridade crítico en WhatsApp, que afectaba á versión de escritorio da aplicación chegando a permitir a lectura de ficheiros tanto en Windows como en macOS. O fallo de seguridade aproveitaba o uso dunha versión vella de Chromium, que presentaba certas vulnerabilidades, para poder vulnerar a seguridade de usuarios de WhatsApp simplemente a través de mensaxes de texto.
O fallo de seguridade está corrixido, pero cómpre advertir aos usuarios que deben empregar sempre a últimas versións deste tipo de aplicacións, xa que versións vellas poden estar aínda sen corrixir, o que resulta perigoso, especialmente tras a explicación pormenorizada dos fallos de seguridade corrixidos.

PUBLICIDADE