Un estudo reflicte o atraso da banda larga en España

xoves, 7 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Un estudo realizado pola The Information Technology and Innovation Foundation sobre a banda larga no mundo sitúa a Xapón á cabeza (con conexións a unha velocidade media de 61 Mbps) mentes que España está entre as peores posicións, de xeito que países supostamente menos desenvolvidos contan con mellores conexións á Rede.
O informe tamén compara a relación entre a velocidade e o prezo, quedando constancia de que España é un dos países co acceso á Rede máis caro de Europa, polo que non é necesario comparar as nosas conexións coas dos países asiáticos, senón que unha simple mirada ós países veciños, Francia e Portugal, xa nos deixa en evidencia, pois teen velocidades medias de 17,6 e 8,1 Mbps respectivamente.
O único país do informe que esta por debaixo de España é México (cunha media de 1,1 Mbps), aínda que se as comparacións se fan en prezos en vez de velocidades temos que algúns dos países menos desenvolvidos coma México e Turquía teñen que facer fronte a prezos desorbitados.
Tamén podemos destacar que o prezo absoluto non é un bo índice comparativo, xa que a renda per cápita é moi diferente nos países analizados, de aí que a situación española estea peor do que parece a primeira vista.

PUBLICIDADE