Un engadido facilita a consulta do dicionario da RAG dende Firefox
venres, 13 de abril do 2012
A publicación do
dicionario da Real Academia Galega na súa páxina web levou a que certos
axentes que promoven a nosa lingua nas TIC apostasen por esta nova ferramenta
de consulta, de xeito que dende GalApps actualizaron o seu
dicionario para dispositivos móbiles Android e iOS, mentres que a xente do proxecto
Trasno (concretamente Antón Méixome) publicou un engadido para o
navegador Firefox que permite configurar a caixa de busca da aplicación
informática para realizar consulta no dicionario en liña da RAG.
Unha vez instalado o novo engadido podemos realizar a caixa de busca do Firefox
para realizar consultas no noso buscador web favorito ou en servizos como o
dicionario da Real Academia Galega, o que facilita a súa consulta, podendo
sempre conmutarse entre os distintos buscadores configurados no navegador web
segundo as nosas necesidades en cada momento.
- As buscas a través do engadido levarannos á páxina web da Real Academia Galega