Un dron permite o seu control a través do Apple Watch
luns, 22 de outubro do 2018
- A aplicación para Apple Watch conta coa funcións básicas de control do dron, incluÃndo a selección de suxeito a seguir
O mercado dos drons de consumo é moi competitivo,
e resulta moi complicado facerse notar cando existe competidores tan fortes
como DJI, pero unha empresa californiana conseguiu chamar a atención co seu dron de voo autónomo Skydio R1, que
entre as súas funcionalidades vén de engadir a posibilidade de controlar o
trebello voador a través dunha aplicación para o Apple Watch e, incluso vai
poder mercarse o dron nalgunhas tendas de Apple.
A aplicación para o reloxo de Apple permite elixir o obxecto que o dron debe
seguir, permite controlar a rotación do dron coa coroa dixital do reloxo e
facilita o cambio entre as distintas habilidades cinemáticas do dispositivo
voador.
Este competente dron que é capaz de seguir suxeitos e esquivar obstáculos (para
o que conta con 12 cámaras de navegación que permÃtenlle unha visión
omnidireccional), conseguindo operar practicamente de xeito autónomo para que o
usuario poida participar nas filmacións sen ter que estar preocupado pola
pilotaxe do dron véndese nos EE.UU. e Canadá
a un prezo de 1.999 dólares, e posiblemente mellore a súa distribución
internacional tras demostrar que os seus responsables son quen de innovar en
detalles como o seu sistema de control.
Este dron está equipado cunha cámara con sensor Sony IMX377 capaz de gravar
vÃdeo 4K a 30 imaxes por segundo ou en Full HD a 60 imaxes por segundo. A cámara
integra estabilizadores, inclúe 64 GB de almacenamento (de xeito que pode gardar
até hora e media de vÃdeo 4K ou até 4 horas e media de vÃdeo Full HD a 30
imaxes por segundo. Pode controlarse co móbil a través de Wi-Fi (o que supón
unha cobertura de até 100 metros de distancia) facendo streaming de vÃdeo en
directo a 720p a 15 imaxes por segundo, contando tamén con funcionalidades de
creación de vÃdeos de xeito áxil a través dunha aplicación móbil para asà poder
compartir rapidamente as nosas gravacións.
- A aplicación para Apple Watch conta coa funcións básicas de control do dron, incluÃndo a selección de suxeito a seguir
VÃdeo promocional da funcionalidade que permite controlar o Skydio R1 mediante o Apple Watch